Carmen Pereira faise co II Premio de Poesía Leiras Pulpeiro

Levará 1.500 euros pola súa obra De esmagar descalza

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A segunda edición do Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro ten xa gañadora. Carmen Pereira, coa obra De esmagar descalza impúxose no certame que convoca o Concello de Mondoñedo co apoio da Deputación de Lugo e levou os 1.500 euros do primeiro premio. O xurado destacou a alta paraticipación e a calidade dos orixinais presentados, e outorgoulle o segundo premio a Paulino Peña por Nas dársenas do estío e o terceiro a Elexías perdidas de Jacobo Llamas. A entrega dos galardóns celebrarase en Mondoñedo o vindeiro 9 de novembro.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Manuel Leiras Pulpeiro, Concello de Mondoñedo, Deputación de Lugo