Mondoñedo reivindÃcase de novo como referente literario da provincia lucense cunha nova edición do festival Mondoñedo é PoesÃa e coa convocatoria de dous consolidados premios de poesÃa. Este primeiro de maio dará comezo unha nova edición do festival organizado desde a Asociación As San Lucas e o Colectivo Mondoñedo Ʌ, que este ano homenaxeará á figura de Manuel Ledo Bermúdez "O Pallarego" (1934- 1964), o barbeiro músico catalizador da vida cultural da vila e que contribuÃu a recuperación de os maios. A escola municipal de música xa leva o seu nome por este feito. Ademais esta semana o Concello ven de anunciar unha nova convocatoria do Premio de PoesÃa DÃaz Jácome e do Premio de PoesÃa Manuel Leiras Pulpeiro. Serán o gañador e o segundo premiado deste último na súa pasada edición de 2018, Martiño Maseda e Alberte Momán respectivamente, os encargados dun recital dentro do festival do que tamén participarán Olga Novo e Antón Reixa. Haberá música de Lino Rico e da Banda da Loba. Terá lugar ás 18:30 e será no auditorio Pascual Veiga.