Dimite Gabriel Quiroga, director do Arquivo de Galicia

A integración do centro na Biblioteca de Galicia pode estar detrás da renuncia

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O ata o de agora director do Arquivo de Galicia, Gabriel Quiroga, presentou a súa demisión ante a Consellaría de Cultura, segundo confirmaba hoxe este departamento. A renuncia prodúcese poucos días despois da presentación do Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, que traslada os fondos do Arquivo á Biblioteca de Galicia, que pasará a ser deste xeito Biblioteca e Arquivo de Galicia, destinando a actual sede do arquivo a outro fin. O texto, no entanto, non establecía unha fusión dos dous organismos, senón unicamente a súa convivencia no edificio.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquivo de Galicia, Gabriel Quiroga, Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia