Dous profesionais con perfÃs técnicos acaban de ser nomeados directores para o Arquivo e a Biblioteca Nacional. Con eles ábrense os primeiros nomeamentos para os diferentes edificios da Cidade da Cultura. O primeiro director do Arquivo Nacional é Gabriel Quiroga (Lugo, 1960), funcionario do corpo de Arquivos da Xunta de Galicia que desempeñaba ata o momento o cargo de director do Arquivo do Reino de Galicia. Pola súa banda, Xosé Antonio Regos (Boqueixón, 1953) chega á Biblioteca Nacional despois de dirixir durante 25 anos o Consorcio de Bibliotecas de Galicia.