A candidatura para que Ourense sexa Capital Europea da Cultura no ano 2020, a coincidir coa celebración do centenario da Xeración Nós, bota a andar. Segundo recolle hoxe La Región, este mesmo mes está previsto a sinatura por parte do Concello, da Deputación e mais da asociación promotora, (Pro Centenario Nós 2020) dun documento que recolle os principios e obxectivos da proposta. A iniciativa pretende chegar tamén en xullo a Parlamento Galego e constituír unha comisión local para desenvolver o proxecto.
Avances na solicitude de Capitalidade Cultural Europea para Ourense
Concello, Deputación e a asociación promotora asinarán un texto para iniciar o proceso
12 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Xeración Nós, La Región, Parlamento de Galicia
