Nova tentativa para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade

A Deputación de Ourense está a promover a candidatura a través do INORDE

10/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, reuniuse onte cos alcaldes da banda ourensá da Ribeira Sacra para iniciar de novo as xestións para presentar a candidatura desta área cultural de novo a Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Baltar manifestou a súa intención de reunirse con representantes do Goberno autonómico, coa Deputación de Lugo e cos alcaldes da banda luguesa para consensuar a proposta. A Xunta de Galicia xa tentara en 2005 promover a candidatura da Ribeira Sacra pero o proceso ficara parado.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribeira Sacra, Patrimonio da Humanidade, Deputación de Ourense, Ourense...