O Consello da Cultura dixitalizará o legado de Silvio Santiago

Os fondos comprenden 3.500 imaxes, máis de mil cartas e textos inéditos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os fondos documentais de Silvio Santiago, escritor, galeguista e empresario nado en Vilardevós en 1904, serán dixitalizados da man do Consello da Cultura Galega. A entidade asina esta mañá un convenio polo que pasará a formato dixital un legado que comprende 3.500 imaxes e fotografías, máis de mil cartas e textos inéditos deste autor. A filla do escritor, Silvia Santiago, participa na sinatura canda a Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura e mais Afonso Vázquez Monxardín, secretario do Arquivo Sonoro de Galicia.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silvio Santiago, Afonso Vázquez Monxardín, Ramón Villares, Documentais...