Paz Andrade recita o seus poemas nunha edición especial do Pranto matricial

O Consello da Cultura presenta a obra o vindeiro xoves en Rianxo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Auditorio de Rianxo acolle o vindeiro xoves 12 de xullo a presentación da edición especial que realizou o Consello da Cultura Galega do poemario Pranto matricial de Valentín Paz Andrade. A edición fai parte da colección As nosas voces e inclúe unha gravación coa voz do autor a recitar os seus versos. Na presentación estarán presentes Afonso Vázquez Monxardín, secretario do Arquivo Sonoro do CCG, Miguel Anxo Seixas Seoane, da Fundación Castelao, Afonso Paz Andrade, fillo do autor, Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo e o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares Paz. No acto haberá tamén un recitado de poemas do homenaxeado.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rianxo, Afonso Vázquez Monxardín, Miguel Anxo Seixas Seoane, Ramón Villares...