Comezan as publicacións sobre Paz Andrade

Galaxia edita unha biografía e unha antoloxía do homenaxeado no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A coincidir co Día das Letras que o homenaxea, comezan a ver a luz os lanzamentos editoriais arredor de Valentín Paz Andrade. Xan Carballa é o autor da biografía e mais da antoloxía do autor que acaba de tirar do prelo Galaxia. No caso da Antoloxía, Carballa seleccionou obras de ensaio, poesía e prosa do homenaxeado no Día das Letras deste ano, incluíndo o texto íntegro do seu poemario Pranto matricial. Galaxia adianta tamén a vindeira edición de Castelao na luz e na sombra a biografía sobre o líder galeguista que publicou Paz Andrade.

Estas obras súmanse á recente proposta de Xerais, Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía. Escrita por Charo Portela e con ilustracións de Jaime Asensi, a obra quere achegar a figura do galeguista aos máis novos, dentro da colección Merlín. Pola súa banda, Biblos reeditou recentemente Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX unha longa entrevista que lle fixo Tucho Calvo ao homenaxeado.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valentín Paz Andrade, Castelao, Xan Carballa, Ensaio...