Comezan os lanzamentos arredor de Manuel María

Galaxia presenta unha Antoloxía Poética e Títeres Alakrán Os soños na gaiola

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Comezan os lanzamentos arredor de Manuel María

Como era de agardar, no ano no que o Día das Letras homenaxea a Manuel María comezan a aparecer os primeiros lanzamentos arredor da súa figura. Así, a editorial Galaxia acaba de anunciar o lanzamento dunha Antoloxía poética do autor chairego, unha selección que correu a cargo de Darío Xohán Cabana e que explora os múltiples temas que abordou o homenaxeado. Os textos, que se escolleron a partir de diferentes edicións, mecanoscritos e orixinais, preséntanse por orde cronolóxica e permiten analizar a evolución creativa do autor.

En paralelo, Títeres Alakrán acaba de anunciar a posta en escena da obra de Manuel María Os soños na gaiola, para a que conta con dirección e dramaturxia de Roi Vidal Ponte. A montaxe de monicreques adapta un dos primeiros libros de poemas do chairego, dirixido ao público infantil.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Títeres Alakrán, Darío Xohán Cabana, Editorial Galaxia