Unha campaña reclama a recuperación das Axudas ao Talento

Os promotores chaman a unha xuntanza o vindeiro 28 de xuño en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A non convocatoria, este ano, das Axudas ao Talento que convocaba a Axencia Galega das Industrias Culturais no ámbito audiovisual, está a motivar protestas. Logo de publicar o pasado mes de marzo un manifesto asinado por 41 dos creadores que se beneficiaran en anos anteriores esta liña, algúns dos afectados convocaron para o vindeiro 28 de xuño unha xuntanzan en Compostela con vistas a coordinar accións. Os promotores reivindican a importancia destes apoio, que deron pé a traballos de grande proxección. Segundo recolle Praza, AGADIC anunciou a súa intención de convocar a finais deste ano estas axudas, aínda que a situación de crise e a redución xeral de orzamentos para o sector fai que o xeito no que se realice a convocatoria sexa aínda incerto.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Axencia Galega das Industrias Culturais, Santiago de Compostela