A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) vén de convocar as subvencións "á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego" correspondentes a 2024. Desta volta, disponse dunha partida de 176.000 euros, inferior no monto global á do ano pasado pero que resulta da separación actual das axudas á creación de guións, que este ano estrearon unha liña de subvencións propia. Deste xeito a actual convocatoria é exclusiva para as modalidades de curtametraxe e longametraxe da convocatoria anterior. Deste xeito o orzamento resulta nun incremento real dun 33 por cento que se dirixe en concreto para a modalidade de realización de curtametraxes, que chega aos 48.000 euros (12.000 euros máis que en 2023). Tendo en conta que as novas axudas para a creación de guións dedican a ese fin 270.000 euros, sumados ás presentes superan con moito a duplicación das cifras dos exercizos anteriores.
As axudas para curtametraxes teñen unha contÃa máxima de 8.000 euros e as de longametraxes de 40.000 e poden presentarse persoas fÃsicas ou produtoras, atendendo ás distintas modalidades e requisitos de cada unha das posibilidades de subvención. Estas axudas buscan "a xeración de novas propostas narrativas de especial valor artÃstico co propósito de contribuÃr ao enriquecemento cultural do paÃs a través das distintas formas de expresión audiovisual" e que permitan a "creación de obras audiovisuais en galego a través do apoio á realización e posprodución de curtametraxes e á produción de longametraxes".
(Actualizado 8/03/2024)