O Diario Oficial de Galicia deste seis de maio recolle a convocatoria das novas axudas á promoción e difusión de proxectos musicais profesionais. A Axencia Galega das Industrias Culturais lanza ao abeiro do Proxecto Hub audiovisual-industria cultura e con fondos Next Generation, unha liña que, segundo anunciara o conselleiro de Cultura Román RodrÃguez, substitúe as axudas ao talento musical e multiplica por dez o seu orzamento.
Estas axudas pretenden promover "a promoción, capacitación e desenvolvemento de proxectos musicais unitarios e colectivos que favorezan a mellora da calidade dos proxectos, e axilicen a modernización da industria musical, o crecemento de uso de novas tecnoloxÃas e a dixitalización nas diferentes fases da industrialización musical".
Deste xeito, a resolución do DOG prevé uns fondos de 1,2 millóns de euros para esta convocatoria, repartidos en dúas anualidades. As axudas irán destinadas na súa primeira modalidade a proxectos musicais unitarios, "que desenvolven calquera dos aspectos que conforman a cadea de valor da industria musical arredor dun só artista musical, sexa solista, grupo ou banda". As bases establecen que o mesmo debe desenvolver á súa actividade habitualmente en Galicia, ter realizado 50 concertos entre 2017 e 2021 ou máis de 100 ao longo de toda a súa traxectoria profesional, e "ter editado polo menos 20 singles baixo un selo discográfico legalmente constituÃdo, entre os anos 2017 e 2021, ambos inclusive".
A segunda modalidade está orientada a "proxectos musicais colectivos" con "cando menos, catro artistas musicais, sexan solistas, grupos ou bandas". Neste caso o requisito de concertos e singles aplÃcase a máis da metade dos artistas que fan parte da solicitude. A maiores, esÃxese que haxa cando menos unha artista feminina solistas ou unha banda cunha participación de mulleres mÃnima do 40%, e a inclusión "dun artista musical que teña a consideración de artista emerxente" que queda eximido dos requisitos de recitais e lanzamentos.
As persoas ou entidades beneficiarias destas subvencións deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa, e poderán conseguir apoios por valor máximo de 40.000 euros no caso de proxectos unitarios e ata 200.000 no caso das agrupacións. Estes fondos cubrirán ata un 70% do orzamento total da solicitude, a incluÃr gastos de produción, comercialización, promoción, distribución, concertos, consultorÃa, de persoal ou de carácter xeral. O prazo de presentación de solicitude é dun mes a partir do 7 de maio.