"Pérdelle o medo a Internet" leva a rede á muller do rural

Muller-rural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Muller e rural. Estas son as dúas compoñentes que a Consellería de Familia e Promoción do Emprego e pola Federación Galegda de Mulleres Empresarias une na súa nova campaña "Pérdelle o medo a Internet". Baixo este título un autobús, que percorrerá desde hoxe múltiples localidades, centros de información e cursos teóricos e prácticos achegarán ás características da internet ás mulleres do rural.

Campaña

Un autobús, dotado con dez ordenadores e con conexións a internet vía satélite, percorrerá dende hoxe as estradas galegas. O seu obxectivo: ofrecer cursos teóricos e prácticos en 30 municipios galegos coa finalidade de achegar uns mínimos coñecementos sobre internet e as súas características ás mulleres das vilas galegas. Un cometido que pretende abrir unha nova vía de alfabetización acorde coas novas épocas, a alfabetización informática.

Itinerario

O autobús da campaña comeza hoxe a súa andaina en Padrón, e de aí pasará a Boiro, Outes e Zas durante esta semana. Outros lugares nos que estará presente este programa son, na provincia coruñesa, Coirós, A Coruña, Carballo, Ares, Ferrol, As Pontes, Merlide, Arzúa, Ordes e Santiago; na provincia lucense, en Vilalba, Viveiro, Burela, Lugo, Chantada e Monforte; na ourensá, O Barco, Verín, Celanova e Ourense e na pontevedresa, Porriño, Caldas de Reis, A Guarda, Gondomar, Cangas, Vigo, Pontevedra, Vilanova de Arousa, Cambados e Silleda. Nestas localidades o técnicos dos respectivos concellos, e o personal dos centros de información á muller, impartirán cinco cursos diarios (dunha hora de duración) no que pretenden ensinar conceptos claves sobre a rede.


Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito