O rural galego non terá acceso a Internet ata o 2003 ó retrasar o concurso dos TRAC

Internet menos global

Unhas 80.000 familias que viven non rural galego non se poderán conectar a Internet ata o 2003. Así se deduce logo de que o goberno español decidise retrasar ata esa data o concurso para substituir os TRAC (Telefonía Rural Celular) no entorno rural. E mentres a promesa do goberno español de "Internet para todos" co que se estreou o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía se retrasa, a Xunta de Galicia e Telefónica continúan cos seus ensaios de novos sistemas en diferentes pobos.

O sistema actual

A orografía galega xa supuso un complicado problema para popularizar o uso da telefonía no entorno rural. Unha solución que chegou da man do servicio de Telefonía Rural Celular (os coñecidos TRAC), que supón un sistema telefónico sen cable que permitía que os lugares de difícil acceso tiveran conexión telefónica. Unha solución que solventou un problema de comunicación a case 80.000 familias, cabinas e comercios galegos e que se instaurou entre 1992 e 1994. Sen embargo, desde esas datas o mercado tecnolóxico evoluíu de xeito considerable. O elevado custo de satisfacer ou de achegar estas tecnoloxías ó rural fixo que se queden fóra dos grandes movementos. Ata elas non chegou nin a RDSI, nin o ADSL, nin o cable, co que estes usuarios non poderán ter acceso a Internet ata que este sistema se modifique.
Cando o goberno español creou un novo ministerio, o de Ciencia e Tecnoloxía, a súa titular, Ana Birulés ofreceu como a súa prioridade básica o programa que chamou "Internet para todos". Unha promesa que, segundo publica "La Voz de Galicia", non verán cumplidas as 80.000 persoas que hoxe en día están a ver retrasada a súa presencia no mundo global da rede. A prioridade da carteira de Birulés é a de sacar á concurso a implantación dos teléfonos móviles de terceira xeneración, os coñecidos como os UMTS. Volve así a quedar retrasado o concurso para substituír ós desfasados TRAC. Desde fontes ministeriais, segundo publica, "La Voz de Galicia" decidiron retrasar este concurso logo de facer varias enquisas entre compañías proveedoras do servicios e encargadas de xestionar a substitución dos aparatos rurais. Segundo publica o xornal, o ministerio di que se precisa unha segunda enquisa antes de lanzar o concurso.











As posibles solucións


E mentras o rural galego ve retrasada súa introducción no mundo global da rede, existen iniciativas piloto para paliar este retraso. Son as que están a poñer en marcha a Xunta de Galicia e Telefónica con sistemas coo a CDMA (División de Cógido en Acceso Múltiple) que se perfilan como unha alternativa viable economicamente para os TRAC. Este sistema permite, previo pago de 9. 0152 euros (unas 150.000 pesetas) por aparato que permite unha solución por aparato.