Rubén Ramos Balsa gaña o V Premio de Artes Plásticas María José Jove

O traballo do artista galego impúxose a máis de mil setecentas obras de todo o mundo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Foto da obra gañadora. Fonte: Fundación María José Jove

Foto da obra gañadora. Fonte: Fundación María José Jove

Chámase "Estrutura de cadeira con hipercubo e río con triángulo" e foi elaborada polo artista galego Rubén Ramos Balsa. Para o xurado a obra "mestura na súa propia constitución física a modernidade e fluidez do soporte tecnolóxico coa tradición da fabricación artesanal en forma de pupitre escolar antigo, do que xorde a imaxe e o son do fluir da auga". O V Premio Internacional de Artes Plásticas da Fundación María José Jove está dotado con 12.000 euros e se entregará hoxe pola tarde, canda a inauguración da exposición temporal coas 15 obras finalistas. Ao premio concorreron 1750 obras de artistas das que un 44% foron fotografías, un 32% pinturas, un 18% instalacións e un 4% esculturas.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rubén Ramos Balsa

Claves

Protagonistas