Vicente Blanco gaña o IV Premio Internacional de Artes Plásticas da Fundación Jove

O premio está dotado con 12.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Entre 356 obras chegadas de todo o mundo, o galego Vicente Blanco é o gañador da cuarta edición do Premio Internacional de Artes Plásticas que concede a Fundación María José Jove. A obra Contrato para paisaxe, de tinta e papel recurtado sobre cartón, conseguíu o beneplácito do xurado e foi galardoado cos 12.000 euros do primeiro premio. Canda el, recoñeceuse o traballo doutros catro artistas (a italiana Alessia Rollo, o granadino José Guerrero, a coruñesa Victoria Diehl e a valenciá Silvia Lerín) aos que a entidade lle mercará obra por importe de 15.000 euros.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Blanco, Paisaxe, Lingua galega

Claves

Protagonistas