Chaikovski centra a programación da Orquestra Sinfónia para a temporada

É a última xeira da formación con Víctor Pablo Pérez á fronte

30/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

As sete sinfonías, un concerto para violín, tres para piano e unha selección de pezas sinfónicas de Chaikovski revelan a importancia que terá este compositor na temporada 2012-2013 da Osquestra Sinfónica de Galicia. A formación presentaba onte o seu programa para este período, que será o último no que contará coa dirección de Víctor Pablo Pérez á fronte. Entre as novidades destaca a celebración dun Ciclo de Cámara e Lied no que a OSG colaborará coas sociedades filarmónicas de Lugo, Vigo, Pontevedra, A Coruña e Ferrol.

No conxunto, o programa inclúe máis de medio cento de actuacións orquestrais, das que a metade aproximadamente serán novidades no repertorio da formación. Entre estas, destacan as estreas de Wladimir Rosinskij, Federico Mosquera, Eligio Vila, Fernando Buide e mais a obra que gañe o Consurso Andrés Gaos da Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Víctor Pablo Pérez, A Coruña, OSG, Lugo...