Víctor Pablo Pérez continuará á fronte da OSG ata o 2013

En agosto anunciara a súa marcha ao rematar o contrato en 2011

28/12/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Nos últimos meses sucedéronse as novas sobre a marcha de Víctor Pablo Pérez á fronte da Orquestra Sinfónica de Galicia. Ata onte, o que se sabía era que o seu contrato remataba en agosto de 2011, pero o Consorcio para a Promoción da Música decidiu prorrogarllo ata 2013. A partir de entón, Víctor Pablo pasará a ser director honorario e traballará no deseño das temporadas que se programen entre 2013 e 2019. Nos dous anos que lle restan como director da OSG servirán de transición cara a nova titularidade da entidade e que o seu sucesor se vaia formando.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Víctor Pablo Pérez, OSG, Orquestra Sinfónica de Galicia