En abril deste ano anunciouse a entrada de Jesús López Cobos para compartir batuta con VÃctor Pablo Pérez á fronte da Orquestra Sinfónica de Galicia. Foi o propio Cobos quen asegurou que serÃa director convidado pero nunca o substituto de quen levaba vinte anos no proxecto. Sen embargo, VÃctor Pablo acaba de anunciar o que era un segredo a voces: que marcha da OSG unha vez que remate o contrato (no verán de 2011). Mentres tanto, a formación segue a súa etapa de cambios co despedimento de David Ethevè como director da Xoven Orquestra. Foi o propio músico quen o fixo público nun concerto esta semana, o que motivou o malestar de VÃctor Pablo Pérez. O substituto saberase nunha rodla de prensa que convocará o xerente, Oriol Ponsa, nos vindeiros dÃas.