VÃctor Pablo Pérez seguirá sendo director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia. Pero nese traballo non está só, xa que Jesús López Cobos (Toro, 1940) incorporarase á formación coruñesa como asesor e director. Deste xeito, a OSG leva ás súas filas a un afamado director co que leva colaborando desde que hai dez anos dirixiu á formación coruñesa. López Cobos ten varios premios no seu haber, como un Ondas, unha Medalla de Ouro ás Belas artes, o Cannes Clasical Awards e foi candidato a un grammy cun dos discos que gravou coa OSG.