A Sinfónica de Galicia presenta a súa vindeira programación, reforzada con López Cobos

Ainhoa Arteta e María Bayo son algúns dos reclamos do cartel

26/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Ao anuncio da incorporación de Jesús López Cobos como principal director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia, chega a reestruturación da súa programación. Para a temporada 2010-2011, a OSG contará con 27 concertos repartidos en tres abonos aos que se lle engade un cuarto, o Festiclass, o programa para non iniciados na música clásica que se consolida na oferta musical desta formación. Entre os concertos anunciados destaca a presenza de Ainhoa Arteta para interpetar arias de Puccini (29 de abril de 2011), ou a de María Bayo (4 de marzo de 2011). Como é habitual, a OSG tamén interpretará pezas de compositores galegos como Manuel Balboa ou Octavio Vázquez.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OSG, Jesús López Cobos, Manuel Balboa, Orquestra Sinfónica de Galicia