Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia

Fai parte dos concertos de apertura da temporada 2013-2014

23/8/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Con programa de Mahler, Bruckner e Strauss, coa presenza de Ainhoa Arteta e dirixindo á Orquestra Sinfónica de Galicia. Así se despide esta noite Víctor Pablo Pérez do público coruñés. É o seu derradeiro concerto á fronte do proxecto da Orquestra Sinfonica de Galicia que dirixiu durante vinte anos. Deixa no cargo a ruso Dima Slobodeniouk que debutou onte en María Pita no marco dos dous concertos cos que se abre a temporada de abono 2013-2014. No primeiro concerto, a Sinfónica de Galicia contou coa participación do gaiteiro Carlos Núñez.

Este ano, a programación da temporada de concertos poderase seguir tamén a través da App da formación (para dispositivos iOS e Android) que ofrece acceso inmediato a todos os vídeos da OSG en YouTube así como á música en streaming de algunhas das recentes gravacións realizadas nos concertos en directo.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Víctor Pablo Pérez, Carlos Núñez, Orquestra Sinfónica de Galicia, OSG...