A Sinfónica arrinca a súa tempada musical

O ruso Dima Slobodeniouk estréase como director titular esta noite

4/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Orquestra Sinfónica de Galicia inaugura esta noite a tempada musical no Pazo da Ópera da Coruña. Será baixo a dirección titular do músico ruso Dima Slobodeniouk, quen deseñou para a programación 2013-14 da orquestra coruñesa unha ampla selección na que se incorporar compositores rusos e nórdicos. En total, a Sinfónica incorporará máis de vinte e cinco obras que a orquestra interpretará por vez primeira, e contará con gran número de directores convidados, como Stanislav Skrowaczewski, Andrew Litton, Osmo Vänskä, Jesús López Cobos, Jun Märkl ou Eliahu Inbal.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Orquestra Sinfónica de Galicia, Jesús López Cobos, Ópera, Pazo da Ópera da Coruña