O seu nome está ligado a todo o renacer musical da cidade da Coruña, e por ende, de Galicia. Agora, cando a súa continuidade está en tela de xuízo, Víctor Pablo Pérez reflexiona sobre o presente musical da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), que conseguiu situar, con tan só dez anos de vida, entre as tres formacións máis importantes do estado.
O seu nome está ligado ó renacer musical na Coruña ¿cal é a clave do seu éxito?
Coruña é un exemplo do que se pode chegar a conseguir en tan só dez anos. Cunha Orquestra Sinfónica (a OSG) , cun festival como o Mozart, cun desenvolvemento que non se limita a dar grandes concertos e facer xiras; senón que fomos quen de construír unha Joven Orquesta da que me sinto especialmente orgulloso porque é a canteira, o seguro de vida, desta cidade como cidade musical, e que a podemos programar no ciclo de abono porque ten unha enorme calidade para poder facelo. E temos un coro sinfónico, un coro de nenos e, por se fora pouco temos a vocación de ser orquestra galega. Imos a Pontevedra tamén cun ciclo importante de abono, e imos a Vigo, Santiago... non nos circunscribimos só ó ámbito da Coruña
Sendo unha formación coruñesa con vocación galega, e habendo unha formación como a Filharmonía ¿poden existir certas asperezas?
Rivalidade musical xamais existiu. A Filharmonía é unha orquestra estupenda de cámara, e oxalá houbera unha terceira e unha cuarta. En España aínda somos deficitarios en canto o número de orquestras, o normal era que houbese unha orquestra por cada cidade, que é o que acontece en países achegados como pode ser Francia, Alemania,...Italia... como pode ser Reino Unido, Holanda... os países nórdicos... Finlandia, Dinamarca.... sería natural que por eses aspectos non habería problema ningún. Se cadra, o que debería de haber sería unha maior responsabilidade por parte dos responsables da Xunta de Galicia para poder atender a ambas formacións.
¿Cales son os principais apoios musicais que conta a Orquestra Sinfónica de Galicia para a súa 11 temporada?
Este ano a temporada que comeza, que é a número 11 tilulámola a innovación desde a tradición, coa que pretendemos ofrecer e adrentrarnos un pouco nas novidades do panorama musical sen esquecer ós clásicos. E para esto a OSG conta cun apoio moi importante do Concello da Coruña, seguido por unha importante subvención da Deputación da Coruña de 600.000 euros, o seu presuposto global, que inclúe tamén a Escola Municipal de Música, os Festivais de Ópera, de aproximadamente de 9 millóns de euros anuais. O concello a través da xestión persoal do alcalde conseguíu case cinco millóns de euros privados, con axudas de promoción privada, e isto é algo inusual, que non se dá en todos os sitios.
MENTRES A LEI DE MECENADO SIGA IGUAL EN ESPAÑA É OBRIGADO QUE TODOS OS ESPECTÁCULOS CULTURAIS DEPENDAN DAS AXUDAS PÚBLICAS
Pero... sendo o única formación musical que enche o Pazo da Opera da Coruña, segundo datos da SGAE, teñen na despacho de billetes un bo sistema de financiamento. ¿sería posible que nalgún momento cegase a se autofinanciar?
O autofinanciamento debido ó réxime fiscal vixente é imposible que unha orquestra se autofinancie. Os custos son moi superiores ó que se pode recadar en despacho de billetes é por isto, polo que dependen do estado, ou en gran medida, como é neste caso, que é un caso excepcional en España, no que o financiamento privado (falamos da orde duns 9 millóns de euros que é unha cantidade moi importante). E isto débese ó réxime fiscal. Se un día cambia a lei de mecenado e se converte nalgo semellante ó que acontece no Reino Unido onde as empresas desgravan ó investir en cultura, tanto sexa en museos, como en música, entón podería cambiar isto radicalmente. En España é obrigado, mentres isto siga así, que todos os espectáculos culturais dependan das axudas públicas.
E, a nivel de público, cales son os principais atrancos cos que conta a ópera para asentarse e conseguir unha boa entrada en Galicia?
Creo que o principal atrancos é a falta de tradición, que en Coruña é menos notable (porque houbo tradición durante 50 anos alimentada pola Asociación de Amigos da Ópera). O máis importante é conseguir máis público para que se poidan facer máis representacións e que todos os gastos se vaian repartindo proporcionalmente e conseguir así que se optimicen os recursos. O teatro de ópera máis grande de Galicia está en Coruña e é o que ten máis posibilidades técnicas. No Auditorio de Santiago tamén se pode representar ópera porque ten un bo foso e unha boa maquinaria escénica e un bo equipamento para facer ópera. Sei que hai un proxecto de facer un teatro de ópera en Santiago na Cidade da Cultura que eu, simplemente creo que non é o sitio máis axeitado, nin moito menos. Porque Santiago é unha cidade sen tradición operística, porque facer un teatro de ópera costa moitísimos miles de millóns e despois hai que mantelo e programalo anualmente. E isto hai que sabelo antes de empezar a construílo, que supón da orde de entre 30 e 36 millóns de euros anuais para poder facer algo digno, e hai que saber se van ter eses cartos ou non ou se vai a ter ese edificio pechado. E esta é a realidade. Sería interesante que antes de construír un monstro dun edificio nunha cidade de 90.000 habitantes, se poidan saber se se poden facer 6 ou 7 representacións de cada montaxe, que enchelos sería imposible, ... que se saiba que se fan falla da orde duns 24 millóns de euros anuais para poder manter un teatro de ópera serio, a non ser o que se quere facer un edificio. Se se quere facer cultura hai que construír un edificio que sirva para algo, hai que pensar tamén nisto.
Apuntan numerosos rumores que non vai a continuar cos proxectos que iniciou na Coruña, que sobre a súa mesa hai propostas que o sitúan fóra de Galicia ¿qué hai de certo nisto?
Eu teño contrato ata o verán do 2004 e gustaríame seguir con estes proxectos, porque son únicos, exclusivos e marabillosos e merece seguir con esta corporación, con este alcalde, con José Luís Méndez e con espónsores como Caixa Galicia que están ofrecendo un sistema modélico aportando cada ano uns 1.502.530 euros, pola vontade do seu Director Xeral, que é un gran mecenas privado. Pero eu debo conseguir que as cousas sigan mellorando e é o fundamental do comportamento artístico. E neste momento hai algúns pequenos problemas que eu puxen no tinteiro, a debate para poder solucionalos. E eu cando falo de problemas é para buscar solucións non só poñer o problema e marchar. Vou loitar por tentar solucionalo, e desde a súa parte o concello está moi inspirado e vai a seguir mantendo as súas xestións coa Xunta de Galicia, para conseguir un financiamento máis sólido dese proxecto orquestral. Oxalá que vaian ben por estas cousas e eu poida seguir aquí uns anos máis.
EU TEÑO CONTRATO ATA O 2004 E XA PUXEN NO TINTEIRO OS PROBLEMAS QUE HAI PARA SOLUCIONALOS. NON EXPOÑO OS PROBLEMAS E MARCHO
A Coruña acaba de rematar a 50 edición do festival de outono de ópera, con grandes polémicas e discusión sobre a elección dos compoñentes como o programa. ¿qué pretendía defender con este programa?
Pretendía ser un gran paseo pola música de Manuel de Falla, que é o noso gran autor internacional con Amor brujo e coa representación de O barberillo de Sevilla de Barbieri, nunha montaxe de Calixto Bieito que é unha das figuras do mundo do teatro e do mundo da ópera que neste momento está ofrecendo unha das montaxes máis frescas e renovadas, ademais de valente e atrevidas. Por unha parte con Amor Brujo estivemos ante unha estrea mundial, unha producción mundial, absolutamente nova, da versión de 1915 que se combinou cunha producción de Ballet auténtica e unha producción de La vida breve que veu de Cerdeña con José Carlos Plaza que sorprendeu polo seu refinamento, por unha parte, e pola falta de tópicos e por un tratamento da lírica española de gran clase, pola outra. Como se trata da música de Falla, onde sempre é difícil acertar no estilo, dado que non é nin música folclórica nin é música impresionista, é unha mestura moi difícil de atopar e que agora estamos en disposición de poder asumir porque temos un gran reparto, unha grande orquestra e un gran coro.
E este ano tamén se falaba de que remataba o convenio que facía perigar o certame por falta de cartos ¿qué hai de certo?
A nivel de financiamento este que acaba de rematar era o festival de Outono, e é en base a un acordo coa Xunta de Galicia que se fixo hai dous anos, que tivo lugar o ano pasado a primeira edición e agora a segunda. Solicitamos a renovación deste convenio, ata o de agora non houbo resposta e esperamos que se poida seguir para poder facer ópera a gran nivel, dado que en Coruña, unha vez iniciado o festival Mozart, onde se demostrou que Coruña pode situarse no mapamundi de festivais europeos e que fixo produccións de gran calado e gran nivel, e que nin Galicia, nin os coruñeses, nin a Sinfónica se merecen baixar o listón. E para manter este listón hai que ter cartos, que neste caso veñen especificamente da Xunta.
¿En qué se diferencia do festival Mozart?
Son moitas as claves dun festival como o Mozart, por unha parte está a calidade, porque está baseado no corazón ou na espiña dorsal dunha orquestra sinfónica que é capaz, como orquestra residente, que ten moita calidade, que é imprescindible para tocar a Mozart, é, ideal tocando este estilo. E logo parte dun financiamento claro, decidido, valente de Caixa Galicia, que fai del un festival cunha enorme personalidade. No mundo da cultura de hoxe onde cada vez se esixen unhas cotas de calidade máis altas, o ter personalidade e distinguirse é unha das claves do éxito. Aquí poderíamos repetir espectáculos que se fan moi preto de nós, en Oviedo, en Bilbao, en Madrid ou en Barcelona. E a clave é acertar cun tipo de repertorio que ninguén fai e que nós facemos dun xeito moi específico e cunha enorme calidade.
¿Pero ambos os dous festivais contan con públicos distintos?
Non o público é o mesmo grupo, só que no caso de Mozart conseguimos unha clave fundamental para poder traer a bos cantantes e realizadores, que é poder traer dúas funcións de cada título, é unha das claves para que poidan vir cantantes durante dúas semanas para poder traballar a fondo e ofrecer un bo espectáculo. No festival de Outono este ano estamos ofrecendo tamén dúas funcións, pero ata agora a Asociación de Amigos de la Ópera podía encher nunha representación como moito, do Pazo de Congresos (que ten un aforo de 1.800 localidades). A clave dunha grande ópera é poder repetila tres,catro e cinco veces para poder atraer a eses cantantes e poder rentabilizar os altísimos custos que supón baixar ou subir un telón.
NO FESTIVAL MOZART CONSEGUIRMOS FACER DÚAS FUNCIÓNS DE CADA TÍTULO, QUE É UNHA CLAVE FUNDAMENTAL PARA TRAER A BOS CANTANTES E REALIZADORES Á CORUÑA
... pero ambos xorden con vocacións e con intereses completamente diferentes, pero por exemplo no Festival de Amigos de la Ópera, xa tiña moito camiño avanzado e agora dáse o salto cara a profesionalización.
É o paso da gran vontade de Amigos de la Ópera, que eu desde aquí quero agradecer por ser capaces de manter ese pulso durante 48 anos, e en toda a ópera contando con escasas compensacións económicas, que era de afeccionado, a un salto que agora é completamente profesional. Estamos facendo ópera a grande escala, con grandes artistas e cantantes, con boa coherencia entre os festivais, por iso este ano facemos un dedicado á música española. E non só por esta razón de coherencia, senón tamén porque tiñamos o staff do pazo de congreso para facer as montaxes. Eliximos unhas ópera e unha zarzuela que non teñen tanta duración como La Traviatta o La Boheme que nos houbera gustado representar, pero era imposible nos poucos días que deixaba o Pazo entre Congreso e Congreso, que é un dos grandes hándicaps, que terá que solucionar no 2003-2004 cando estea construído e terminado o novo pazo de congresos da Coruña.