A convocatoria da plataforma Queremos Galego para se mobilizar mañá en Compostela baixo o lema Paremos os ataques contra o galego poderá desenvolverse con normalidade. O xulgado concedía esta mañá a autorización para que a organización instalase unha faixa na Alameda e un palco na Quintana, e verificou o seu dereito a empregar megafonía para as alocuións finais, logo de que o Concello denegase onte os permisos neste sentido, o que puña en perigo que a manifestación transcorrese con normalidade.
Segundo sinalou Carlos Callón, voceiro da plataforma, "o que fan os tribunais é devolver a normalidade" fronte a unha decisión municipal "arbitraria e inxusta". Ademais, criticou duramente a actitude do novo alcalde de Compostela, Ángel Currás "herdeiro, nas formas, do que foi o período de mandato de Conde Roa e, no fondo, no seu desprezo á lingua e cultura galega e ás normas de convivencia, segundo el.
Callón chamou a unha mobilización masiva a prol da nosa lingua. A convocatoria é para as 12 da mañá de mañá na Alameda de Compostela. Agustín Fernández Paz é autor do manifesto que se lerá ao finalizar a marcha.