A manifestación de Queremos Galego atopa trabas cos permisos municipais

A plataforma recorreu aos tribunais a solicitude de fianza para instalar un palco

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A manifestación de Queremos Galego atopa trabas cos permisos municipais

O Concello de Santiago solicitoulle á plataforma Queremos Galego unha fianza de 600 euros para instalar un palco no que rematar a manifestación que convocou para o vindeiro domingo. Desde a plataforma recorreron esta solicitude nos tribunais considerando que é excesiva para unha entidade sen ánimo de lucro e denunciou que o concello ameazou con suspender a manifestación no caso de instalaren a plataforma sen pagar a fianza previa. Queremos Galego mantén a convocatoria que solicita a derrogación do Decreto para o Plurilingüismo no ensino para o vindeiro domingo ás 12 na capital galega.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago, Ensino

Claves

Lugares