O Festival de Cans presenta a súa IX edición

Dezaoito curtas a concurso e 20 concertos fan parte da programación

9/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Cartel do IX Festival de Cans

Entre o 23 e o 26 de maio, Cans, en Porriño, acollerá a IX edición do seu festival de cinema. Un total 18 curtas competirán no evento, que acollerá tamén unha sección centrada no traballo de galegos residentes no exterior. Entre as proxeccións, poderá verse Personal movie, o novo traballo de Héctor Carré, así como escenas inéditas de Engurras e Tralas luces, e fragmentos de filmes en desenvolvemento. Entre as novidades da edición, a organización destaca Cans Voulevar, un espazo que acollerá actuacións musicais e un mercadiño.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións
Compartir:

A nivel musical, prevense 20 actuacións, entre as que destaca a de Aerolineas Federales, que irá acompañada da proxección de dous documentais encol da movida viguesa.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Festival de Cans, Héctor Carré, Héctor Carré...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares