Cans presenta o seu programa

Lisardo García Bueno protagonizará unha retrospectiva no Festival Carlos Velo

5/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Todo está a punto para celebrar entre os vindeiros día 21 e 24 de maio o XI Festival de Cans. A organización deste evento do Porriño daba a coñecer esta mañá o programa desta xeira, que inclúe 17 curtametraxes a concurso, entre as que se inclúen propostas de animación, ficción e documental. Ademais, 18 videoclips competirán entre si. Como novidade, o evento acollerá a estrea en Galicia do documental Antonio Vega. Tu voz entre otras mil. A nivel de concertos, o programa inclúe nomes como Kepa Junkera, Caxade, Los Coronas ou Os da Ría.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Pola súa banda, o Festival de Cinema Rural Carlos Velo contará cunha retrospectiva de 15 traballos do realizador e guionista Lisardo García Bueno. Ademais, no evento proxectaranse as 10 producións que entrarán a concurso entre as máis de 100 que recibiu a organización. O evento celebrarase entre os vindeiros 20 e 22 de xuño en Cartelle, Celanova.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Documental, Carlos Velo, Caxade...

Claves

Protagonistas
Entidades