Arrincan as Xociviga homenaxeando a Miguel de Lira e a Anxo Santomil

A cita permitirá ver Personal Movie de Héctor Carré , filme visto só en Cans

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Hoxe comezan oficialmente as Xociviga, as xornadas de cine e vídeo de Galicia cunha dilatada traxectoria e relevancia na historia do audiovisual galego. Precisamente, recuperando ese valor histórico que teñen estes encontros, os organizadores decidiron concederlle a insignia de ouro a Anxo Santomil, director e activo colaborador deste encontro en numerosas ocasións. O Cineclube Carballiño organiza o encontro deste ano que contará coa proxeccións tanto en 35 milímetros, como en DVD nunha programación na que hai actividades para todos os públicos. Alén do ciclo infantil, proxectarase títulos de cinema independente e hai oco para o audiovisual galego. Entre os títulos destaca Personal movie último filme de Héctor Carré que clausura o certame o día 7 de agosto. A cinta chega ao Carballiño logo de ser vista unicamente no Festival de Cans e está protagonizada por Miguel de Lira, actor que recibie este ano a Xociviga de Honra.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xociviga, Cine, Miguel de Lira, Héctor Carré...