O IX Curtocircuíto terá a Rumanía como país convidado

O festival terá 100 curtas a concurso e 82 na sección paralela

24/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cartel de Curtocircuito 2012

Entre o 2 e o 11 de maio Compostela acolle a IX Edición de Curtocircuíto, o festival dedicado aos formatos máis breve do audiovisual. Desta volta, o evento conta con Rumanía como país convidado, que protagonizará unha mesa redonda e boa parte das proxeccións da sección pararela. A concurso, un total de 100 fitas, seleccionadas entre as 2.645 que se enviaron desde 91 países. Para alén de proxeccións, o evento acollerá actividades formativas e un ciclo de oito concertos.

O festival repartirase en catro sedes, a ZonaC, o Teatro Principal, o espazo gastronómico Abastos e a Fundación Autor. Entre as actividades de formación, destaca un obrdaoiro de efectos especiais e unha clase maxistral sobre guión de ciencia ficción.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Guión, Ciencia, Teatro...