Unhas xornadas analizan a situación das artistas en Galicia

Celébranse en Pontevedra os vindeiros días 15 e 16

9/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Nun momento no que a Facultade de Belas Artes de Pontevedra ten un 70% de alumnado feminino, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, da man de Mar Caldas e Almudena Fernández, organiza as xornadas Pasado e presente das artistas. O contexto galego. A Casa das Campás da Cidade do Lérez acolle os vindeiros día 15 e 16 de maio o encontro, no que se tratarán cuestións como Estratexias feministas nas artes visuais, Exposicións de mulleres en Galicia: apuntes para a reflexión ou o debate entre xeracións da man de Pamen Pereira, Montse Rego e Victoria Dieh.

O encontro coincide coa celebración das xornadas Da arte feminina á arte feminista que está a organizar, desde o pasado 23 de abril a galería A.dfuga e que finalizan o vindeiro día once.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

24/05/2012

A arte é feminina

A discriminación das mulleres na arte galega protagonizou dous ciclos de debate

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Montse Rego, Pamen Pereira, Artes Visuais...