O Museo do Pobo e o CGAC presentan programación educativa conxunta

As accións van dirixidas ao público máis local

8/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
18 lecturas | Compartido 0 veces

O diretor do CGAC, Miguel Von Hafe, e do Museo do Pobo Galego, Carlos García, presentaron hoxe a programación conxunta que acometerán durante 2012 as dúas entidades, destinadas a poñer en valor conxuntamente os seus edificios e o Parque de Bonaval. Precisamente será o parque o escenario da primeira das accións conxuntas: un obradoiro entre a artista María Meijide e o narrador oral Celso Fernández Sanmartín, no que "os participantes afondarán na historia do Parque". Pola outra banda, a partir de setembro iniciarase un programa de visitas para público escolar e familias nas que se "tratará de reflexionar sobre o concepto de museo e a súa evolución". As dúas entidades destacaron o esforzo de traballar conxuntamente.


Do mesmo ámbito

17/11/2009

O novo CGAC

Miguel von Hafe “sería esquizofrénico que na mesma estrutura se creasen dúas entidades (Cidade da Cultura e CGAC) que puideran competir”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Pobo Galego, Obradoiro, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)