Cen creadores visitarán o Gaiás no II Encontro de Artistas Novos

Jorge Perianes ou Monserrat Soto participarán no evento entre o 9 e o 14 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Un cento de creadores nados entre 1977 e 1994 participarán no II Encontro de Artistas Novos que se celebrará entre o 9 e o 14 de setembro na Cidade da Cultura. Segundo anunciou hoxe a Consellaría, artistas como Jorge Perianes ou Monserrat Soto farán parte dun encontro que pretende “apoiar a xente nova nos seus procesos de aprendizaxe, promover o seu labor creativo e impulsar a reflexión e o intercambio de coñecemento”, segundo asegurou Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura.

Entre outras actividades, o programa inclúe conferencias e visitas aos centros de arte do noso país. As prazas para participar están abertas ata o vindeiro 29 de xuño, e a metade fican reservadas a creadores galegos.

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Anxo Lorenzo, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Lugares