O propietario do pazo do Castelo de Frades dooulle un pergameo de interese ao investigador Alberto Leiro, quen se puxo en contacto con Alexandre Veiga, de aquela decano da Facultade de Humanidades, quen se decatou da relevancia do documento, infomra El Progreso. Tratábase dun fragmento dun breviario do século XIII que fora empregado, posiblemente, para a reencuadernación doutro documento posterior. O breviario ten un contido litúrxico, e conta un texto do novo testamento, pero o máis chamativo é que tamén contén unha inscrición musical. Segundo Veiga, "trátase dunha antÃfona, cunha notación musical aquitana". Foi o músico Fernando Gómez Jácome, canda o coro Solo Voces, quen levou a cabo a interpretación da partitura na clausura do Curso de Primavera da USC "Vida e letras milenarias".