O arquivo do Museo de Pontevedra albergaba, sen o saber, o fragmento dunha versión en galego do texto das Partidas de Afonso X O Sabio. O pergameo, que se data no século XIII fora utilizado como cuberta para o Libro del Ayuntamiento de Pontevedra de 1573-1575 e a súa descuberta facÃase pública no web do Museo a pasada semana. O texto correspóndese coa Quinta Partida, un apartado deste texto xurÃdico que se refire ós contratos entre persoas, e está escrito a dobre columna, en escritura gótica textual con tres cores de tinta. Segundo sinala o Museo está pendente de verificar se o texto se corresponde con outro fragmento que se conserva no Arquivo do Reino de Galicia.
Un pergameo da tradución ó galego das Partidas de Afonso X o Sabio no Museo de Pontevedra.Fonte: Museo de Pontevedra.