O Museo do Mar acollerá finalmente o Pergameo Vindel

A mostra que o acolle poderase ver entre outubro de 2017 e marzo de 2018

| | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Pergameo Vindel, o manuscrito medieval que recolle as sete cantigas de Martín Códax, poderase ver finalmente no Museo do Mar de Vigo. A Xunta asumiu a mostra, organizada pola Universidade de Vigo, tralas desavinzas entre esta e o concello. O pergameo consérvase na Morgan Library Museum, de Nova York, que soicitou medidas de seguridade moi específicas. Francisco Singul será o comisario desta mostra que porá o pergameo Vindel no seu contexto a través da exposición "Berce da nosa cultura".

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Singul, Universidade de Vigo, Nova York

Claves

Protagonistas
Lugares