As cantigas de Martín Codax exporanse por primeira vez en Vigo

A obra será prestada pola Morgan Library Museum de Nova York

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O famoso "Pergameo Vindel", onde se recollen as sete cantigas que coñecemos do trobador Martín Códax, un dos máximos expoñentes da lírica medieval galego portuguesa, exporase en Vigo nunha mostra titulada "Os tesouros da cidade", no Museo de Arte Contemporánea, entre o 6 de outubro de 2017 e o 4 de marzo de 2018. A Universidade de Vigo acadou o compromiso de préstamo do Morgan Library Museum de Nova York para a devandita mostra. O Pergameo Vindel chámase así en homenaxe ao libreiro que descubriu o documento, en 1914, na garda interior dun libro.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Martín Codax, Universidade de Vigo

Claves

Protagonistas
Lugares