O pergameo Vindel chega a Vigo

A exposición inaugurarase o 10 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Exposicións
Compartir:

Hoxe chega a Vigo, procedente da Morgan Library de Nova York, o pergameo Vindel. Nel consérvanse as cantigas de Martín Códax e a súa notación musical. O pergameo estará depositado no Museo do Mar de Vigo, nunha sala construída especificamente para cumprir as condicións de conservación esixidas pola Morgan Library. Alí poderase ver a partir do 10 de outubro, canda un importante repertorio de outras corenta pezas medievais que darán conta non só da relevancia do pergameo, senón tamén do seu tempo.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Nova York

Claves

Lugares