Unha alborada de 116 anos

O CCG difunde unha das primeiras gravacións da música galega

21/12/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: músicapatrimonio

Orfeón El Eco

O 30 de maio 1904, os membros do orfeón coruñés El Eco gravaron na Coruña unha Alborada gallega de Pascual Veiga. Foi o fotógrafo Pedro Ferrer quen chegou á Coruña coa intención de popularizar a patente dun gramónofo e rexistrou o fragmento final da emblemática peza e tamén Pepita de Adolf Müller. Este domingo, o Consello da Cultura Galega difundiu pola rede este fragmento sonoro que, xunto coas pezas xa coñecidas do coro Aires d'a Terra, tamén de 1904, constitúen as ata o momento as pezas máis antigas conservadas do patrimonio musical galego. As primeiras gravacións documentadas (e ata o momento desaparecidas) foron en 1893.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alborada, Pascual Veiga, Consello da Cultura Galega, A Coruña

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares