O concello de Pontevedra reedita primeiras gravacións sonoras feitas en Galicia dentro dos actos do Ano da Música

Lousa dixital

12/2/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Concello de Pontevedra presentou onte un CD que recolle os dezaoito temas interpretados en 1904 polo coro Aires da Terra, as primeiras gravacións sonoras feitas en Galicia. O CD, editado pola empresa Ouvirmos, inclúe un libreto no que explica a historia desta gravación pioneira, que se fixo en discos de lousa. O vindeiro martes celebrarase un concerto conmemorando a edición do disco, cunha audición pública do mesmo e a interpretación en directo de varios temas do mesmo.

Máis información en La Voz de Galicia; no web de Ouvirmos e no noso tema sobre o ano da música

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Pontevedra, Pontevedra, La Voz de Galicia, Culturagalega