Os Seráns do TAC voltan ao Gaiás

Integran música contemporánea, monólogos e gastronomía

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O vindeiro 21 de maio comeza na Cidade da Cultura unha nova edición dos seráns do TAC. Desta volta, o Taller Atlántico Contemporáneo achegará, ao longo de cinco concertos, o traballo de Varèse, Schoenberg, Cage, Raquel García Tomás ou Eduardo Soutullo, facendo unha aproximación á música máis vangardista. Cada un dos recitais estará introducido por un monólogo a cargo de Carlos Blanco, Quico Cadaval e Julián Hernández, e completarase coa degustación de tapas de alta cociña a cargo de recoñecidos establecementos como Abastos 2.0, Eirado de Leña, Pepe Solla, Culler de Pau e Yayo Dacosta. As entradas están xa á venda a un prezo de 5 euros.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Gastronomía, Julián Hernández, Carlos Blanco...