Norma de Bellini centra o programa da Primavera Lírica

O festival vigués acolle tamén a estrea de Cinco cantigas de Eduardo Soutullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Obradoiros de formación, mesas redondas, conferencias e, por suposto, concertos e unha ópera. Os Amigos da Ópera de Vigo organizan un ano máis a Primavera Lírica, que este ano ten na posta en escena de Norma, de Bellini, a cargo de Escenas Líricas, o seu prato forte o vindeiro 24 de maio. Canda a isto, a Gala Lírica do vindeiro 25 de abril acollerá a estrea da obra Cinco cantigas, compositor galego Eduardo Soutullo. Xa no mes de xullo, a 30 edición do memorial Camilo Veiga achegará a obra Nessum Dorma da man da Coral Casablanca e Orquestra.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares