Espectáculo, música e gastronomÃa fúndense na última iniciativa da Cidade da Cultura, presentada onte. Trátanse dos "Seráns do TAC", un ciclo de catro concertos-espectáculo-degustación que levarán á Cidade da Cultura a música de Mahler, John Cage, Diego Masson ou Terence Mitchell, entre moitos outros, presentados por Carlos Blanco, Quico Cadaval ou Julián Hernández. Os concertos finalizarán cunhas tapas servidas polos cociñeiros do Abastos 2.0, o Eirado da Leña ou Pepe Solla. O Taller Atlántico Contemporáneo é un grupo estable, de formación aberta, que ten como director artÃstico a Diego GarcÃa RodrÃguez. Segundo a Xunta, "desde a súa creación, o seu obxectivo foi explorar novas vÃas para achegar a música contemporánea a diferentes públicos".
Programación do TAC na Cidade da Cultura.