Cinco concertos de carácter didáctico retransmitidos en streaming desde o Teatro Principal de Santiago, a razón dun por mes. Esta é a proposta que fai o Taller Atlántico Contemporáneo coa súa iniciativa TAC 3.0, que se desenvolverá entre xaneiro e maio de 2014 e que fará un percorrido pola historia da música. AsÃ, desde A Historia do Soldado de Strawinsky a Bob Dylan ou Elvis, pasando por Schönberg ou Strauss, abordaranse diferentes estilos. A iniciativa contará coa colaboración de Quico Cadaval, que escenificará, A ópera de catro notas de Tom Johnson, Carlos Blanco ou Julián Hernández.
A proposta, dirixida a centros de ensino, concellos, museos ou salas de concertos pretende "facer chegar concertos de música clásica moderna de máxima calidade á maior cantidade de público posible" e ten aberto o prazo de inscrición entre o 1 e o 18 de outubro.