Eduación non prevé novos recortes en Galicia

O conselleiro sinala que non aplicará o número de alumnos por aula

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Fronte ás propostas do Goberno Central, a Consellaría de Educación non prevé incrementar o número de alumnos por aula para diminuír custes. Así o sinalou hoxe o conselleiro,Xesús Vázquez, na súa comparecencia ante o Parlamento. Vázquez fixo un repaso das medidas que adoptou o seu departamento desde o comezo da lexislatura e apuntou que as mesmas danlle unha certa "marxe de manobra" á comunidade para evitar medidas como as anunciadas por Madrid. No entanto, Vázquez apuntou que, ao seu ver "a situación económica fai necesario introducir importantes elementos de racionalidade e eficiencia no ensino".

O conselleiro apuntou que na actualidade a taxa de abandono escolar no país é a máis baixa da historia, cun 20,8%, o que supuxo unha diminución de 5,2 puntos nesta lexislatura.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Vázquez, Educación, Consellaría de Educación, Goberno Central...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares