O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, manterá mañá un encontro con representantes da Real Academia Galega para abordar a achega do goberno autonómico a esta institución. Vázquez anunciou onte esta entrevista durante súa comparecencia ante o Parlamento de Galicia, sinalando que estaba xa fixada antes de que a RAG fixese pública a demanda dun maior apoio económico da Xunta ás súas arcas. Na súa intervención, o conselleiro anunciou que "se fará o máximo esforzo posible para continuar coa colaboración nas actividades e proxectos da RAG", aÃnda que tamén apuntou que "non parece xusto recaer na Xunta falta de sensibilidade coa RAG nin se facer cargo da diminución de recursos doutras administracións".
A coincidir con esta entrevista, mañá tamén se realizará no Congreso dos Deputados a votación para a aprobación dos orzamentos xerais. Na mesma verificarase se finalmente o Estado mantén o anunciado recorte do 70% nos fondos que achega á Academia ou se o goberno acepta algún dos recursos que se presentaron en contra deste recorte.