Sen adiantar novidades nos plans para a súa execución, o Conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez, presentaba esta mañá ante a Comisión 3ª do Parlamento as contas do seu departamento previstas para 2014. AÃnda que o debate sobre a gratuidade dos comedores escolares, o transporte e o persoal no ensino ocupou boa parte do debate, non se deixou de lado o apartado cultural destes orzamentos. AsÃ, aÃnda que Vázquez recoñeceu a diminución de fondos, "en coherencia co escenario económico dos orzamentos" da Xunta, apuntou "un descenso inferior á media" destas contas e mesmo sinalou "un maior peso da educación e da cultura" sobre o peso total dos fondos autonómicos.
O incremento dos fondos para a Axencia Galega das Industrias Culturais, dun 17,1% segundo o Conselleiro, "amosa o interese de colaborar co tecido produtivo a innovación e o apoio aos emprendedores" e apunta un "novo rumbo". AÃnda que non afondou nas actuacións previstas con este incremento, Vázquez apuntou que os fondos cubrirán a produción propia do Centro Dramático e mais do Centro Coreográfico e achegarán unha "contÃa importante" en subvencións á industria cultural.
No ámbito da promoción cultural a vindeira presentación do agardado Plan Director doLibro e destacou os fondos de 428.000 euros de apio á edición, 600.000 euros para adquisición de material de bibliotecas e o mantemento dos orzamentos para apoiar as feiras do libro. Ademais,apuntou tamén que o 1,5 millóns destinados a fomento de actividades culturais permitirá un incremento nas actuacións de Cultura nesta materia, e salientou que a desaparición da Fundación Illa de San Simón non implicará unha mingua nas actividades deste espazo. Canda a isto, o mantemento de fondos para a Real Academia, o Consorcio de Santiago, a Fundación Camilo José Cela ou o Museo do Pobo foron apuntado tamén por Vázquez como exemplos da súa xestión para o vindeiro ano.
Vázquez presentou como un logro a diminución do 6,2% nos fondos destinados para a Cidade da Cultura, e apuntou que a ConsellarÃa acolle nas súas contas fondos de mantemento e electricidade que corresponderÃan a outros departamentos da Xunta aloxados nestas instalacións.
A continuidade nos orzamentos para a contratación e bolseiros en bibliotecas, arquivos e catalogación de patrimonio foi un dos elementos que Vázquez apuntou para explicar o mantemento do apoio a estes ámbitos. Cun orzamento total, de 2,3 millóns para Bibliotecas e Arquivos, o conselleiro sinala como obxectivo mellorar a situación do sistema galego de bibliotecas.
Ao tempo, apuntou que é a diminución dos fondos para o Museo do Mar o que leva a principal mingua nas partidas de Patrimonio. Canda a isto, destacou a partida de 400.000 euros destinados á adquisición de novos bens culturais. Segundo el, a optimización na contratación e o control sobre a execución permite aforros sen unha importante mingua nas intervencións sobre bens patrimoniais, unha mellora de xestión que, segundo el, tamén permitiu manter servizos no ámbito educativo malia á diminución de prazas de profesorado, ao ampliar os horarios dos docentes.
Como medidas que explican aforro en PolÃtica LingüÃstica, o Conselleiro apuntou a diminución no número de asesores contratados a respecto do goberno bipartito.
A actuación prevista en materia de Universidades foi un dos ámbitos nos que o titular de Educación salientou a aposta económica do seu departamento.
Desde a oposición denunciouse a mingua de recursos en educación e no campo universitario, incidindo especialmente na problemática dos comedores e do transporte escolar. Ademais, sinalouse a diminución de servizos educativos e o feche de centros. Non quedou de lado nas crÃticas a mingua no apoio a polÃticas lingüÃsticas ou as eivas no apoio ás industrias culturais.