Tempo de namorar no instituto

O IES presenta Amores Prohibidos 2.0 da man de Chévere

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ao longo de toda a semana, os alumnos do IES A Cachada de Boiro están a representar ante o mundo unha versión da historia de Romeo e Xulieta. A compañía Chévere coordina o proxecto Amores Prohibidos 2.0, que mestura o teatro, as redes sociais e o traballo encol da lingua. Con Montescos que falan en castelán e Capuletos que optan polo galego, festas estudantís como puntos de encontro e unha trama aberta, o proxecto pode seguirse a través da rede ao longo de toda a semana.

O web Redenasa, perfís en redes sociais como Tuenti, vídeos en Youtube, extractos de chats, fotografías e comentarios son algúns dos medios polos que podemos seguir unha trama que conta con visitas como a de Tonhito de Poi ou os actores da serie Matalobos.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Despois do amor (2.0)

Despois do amor (2.0)

Amores prohibidos 2.0, a primeira obra de teatro en liña e multimedia do país, conclúe cun grande éxito

As outras adaptacións

As outras adaptacións

Teatro do Noroeste recupera para o público portugués a súa versión de Romeo e Xulieta

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Teatro, Boiro

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares