Un web da USC explora a literatura electrónica estatal

Proxecto le.es está promovido pola Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Percorrer, en galego, a situación da literatura electrónica a nivel estatal. Este é o obxectivo de Proxecto le.es, o web que acaba de presentar a Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago. Textos fóra de xénero "nos que conflúen o verbal, o visual e o sonoro" fan parte desta iniciativa, que quere facilitar tamén o arquivo e o estudo deste corpus, en ocasións difícil de conservar en liña. Deste xeito, o web abre hoxe a súa edición atendendo a Amores prohibidos 2.0, o proxecto de Chévere no que conflúen teatro e redes sociais.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, USC, Xénero, Teatro...

Claves

Entidades